publicidade hoxe

Intenso fin de semana lúdico e cultural en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Venres 19 de xuño

18.00 h – Campo de Arriba. SACHOS Á RÚA: Feira Labrega e Artesana de Rianxo. Organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza.

23.00 h – Campo de Arriba. FESTA PK SI. Organizada polas Juadalupeñas con concertos e DJS, Etxeoquehai, Paparruchas, Peri e Tamudo FMC

Sábado 20 de xuño

RIANXO, UNHA TRADICIÓN DE MAR ACTIVIDADES EN RIANXO PREVIAS AO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, CABO DE CRUZ- XULLO 2015

De 11:00 a 12:00, Obradoiro de nós mariñeiros (nas instalacións do Náutico, de 11 anos en diante, máximo 20 persoas, deberán levar 1 m de cabo, inscrición previa) . De 12:00 a 14:00, bautismos de mar (No porto deportivo de Rianxo, para maiores de 8 anos -de 8 a 14 anos acompañados de adultos-, máximo 55 persoas, necesaria inscrición previa e cumprir as condicións de comportamento abordo e vestiario).  18:30 horas, Museo do Mar (primeiro andar). CHARLA-COLOQUIO “PATRIMONIO MARÍTIMO, USAR É CONSERVAR”, con Lino lema, Pablo Carrera e Xerardo Triñanes, presentados polo Alcalde Adolfo Muíños. Tratamento da situación actual e potencialidades do mar nas súas diversas manifestacións (económica, cultural, patrimonial) como fonte de desenvolvemento na Galicia actual. 20:00 horas, Museo do Mar (patio) “PARA SER BO MARIÑEIRO…” CONCERTO FIN DE CURSO DA AULA UNED-SENIOR DE RIANXO. Cancións recuperadas e interpretadas polos alumnos e docentes da Aula de Música da UNED-Senior de Rianxo, na que se fai un pequeno repaso polas pezas máis senlleiras do folclore local vinculado co mar e a cultura mariñeira.

19.00 h – Salón de Plenos do Concello de Rianxo. ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO DA UNED SENIOR NO CURSO 2014-2015. No acto entregaráselle o diploma ao alumnado que estivo cursando neste curso as diferentes materias que se impartiron neste curso na UNED SENIOR. As materias foron: Informática Básica, Informática II, Cultura Musical da Galiza, Saberes Labregos e Agroecoloxía e Prácticas labregas na Horta.

19 de xuño de 2015 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.