publicidade hoxe

A compañía Daboapipa ofrece os seus “Contos de Animalario” no Auditorio de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira, a través da Concellería de Cultura, trae este domingo ao Auditorio Municipal os “Contos de Animalario” da compañía Daboapipa, integrada por Vero Rilo e Santi Prieto. Dirixida a nenos e nenas de dous a seis anos e ás familias, a función dará comezo ás 18,30 horas, con entradas a 2,5 euros. Propoñen unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes, chea de encontros cos animais máis marabillosos e cantigas de hai anos e non tantos. Durante corenta minutos, música en directo e palabra únense para crear un universo máxico a través desta parella artística.

22 de xaneiro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.