publicidade hoxe

A Denominación de Orixe Monterrei ultima a actividade “Parellas Desconcertantes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurenseVerín
A-
A+

Parellas Desconcertantes dá nome ao evento que se celebrará o vindeiro sábado 22 de febreiro ás 12.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña).

Esta actividade, incluída no programa do Fórum Gastronómico, e promovida polo cociñeiro Pepe Solla, o Taller Atlántico Contemporáneo e a Denominación de Orixe Monterrei, conta ademais coa colaboración de Gadis e a Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

O acto desenvolverase en dúas fases, a primeira consistirá nun acto público celebrado nos Xardíns de Méndez Núñez e a segunda, de acceso limitado, que transcorrerá no interior do Quiosco Alfonso. A organización habilitará ademais un posto de venda de entradas, na mañá do sábado 22, para permitir así o acceso de público a esta segunda fase do evento.

13 de febreiro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.