publicidade hoxe

Salceda de Caselas daralle a Benvida ao Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

A Concellaría de Festexos que dirixe Teresa Pérez coa colaboración de ACISA vai a facer un acto este xoves día 5 de Decembro ás 20:30 na Praza do Concello.

Neste festexo vaise a a dar a Benvida do Nadal, a través do acendido do alumeado público do Concello de Salceda, acto que terá lugar ás 21:00. O acto vai a estar amenizado por numerosos gaiteiros e cunha chocolatada para todos os asistentes. Unha vez máis dende o Concello é moi importante resaltar a gran laboura que están a realizar os que, grazas ao seu apoio, é posible que se realicen diversos actos no noso concello. A súa colaboración é clave para que os veciños e veciñas de Salceda poidan contar cunha ampla gama de actividades.

Teresa Pérez, concelleira de Cultura resalta:”Un ano máis o Nadal chama as portas da nosa vila, moitos salcedenses regresan ás súas casas para celebrar o nadal entre os seus. Entre todos queremos compartir os momentos felices e desexar que todas as familias, pese a situación que poidan atravesar, disfruten do nadal e da unión que representa”.

3 de decembro de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.