publicidade hoxe

Oferta de praza docente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesLocal
A-
A+

O Concello de As Neves oferta unha praza docente para impartir un Curso formativo, dirixido prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas (AFD), denominado “Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais” de 288 horas, subvencionado polo Fondo Social Europeo e pola Consellería de Traballo e Benestar, mediante contrato laboral temporal.

O perfil do/a docente a contratar como formador, ten que cumprir os seguintes requisitos:

Nivel académico (ter algunha das titulacións seguintes):
• Licenciado ou enxeñeiro,ou arquitecto ou o título de grado correspondente u outros títulos equivalentes.
• Diplomado ou enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico ou o título de grado correspondente u outros títulos equivalentes
• Técnico Superior da familia profesional de Agraria.
• Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 da área profesional de Forestal da familia profesional de Agraria.

Nivel Profesional:
Un ano de experiencia profesional na unidade de competencia do curso.

Nivel pedagóxico:
Será preciso ter formación metodolóxica ou experiencia docente.

Data de presentación de solicitudes: ata o día 23 de outubro (inclusive), no Rexistro Municipal, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, sempre que se comunique ó Concello e se acompañe de toda a documentación esixida, antes de finalizar o prazo, mediante Fax nº: 986 648052.
A solicitude virá acompañada de tódolos méritos que se aleguen. Máis información, no teléfono: 986648038

17 de decembro de 2012 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.