publicidade hoxe

test

seguridade-vial-escolares-porrinoCando chegaba o verán, a estación da calor, os nenos do interior, se cadra, podían ir á praia unha vez ou dúas en todo este período estival. Ía depender moito das posibilidades de transporte ou do tempo de lecer dos pais ou parentes máis próximos, para levalos. Era non só a praia, senón o espectáculo do mar

, o lugar onde se xuntaban todas as augas dos diferentes ríos que alí ían desembocar. A noite anterior á desta viaxe tan emocionante, apenas se durmía cavilando no que podía ser esa primeira imaxe. Ao chegar alí, nunca antes de media mañá, toda aquela auga xunta non cabía nas órbitas dos ollos dos pequenos atónitos observadores. Paseniñamente ían acostumando a retina a tal paisaxe e comezaba o primeiro achegamento á area e á propia auga salgada do inmenso mar. Ían collidos pola man dun maior e iniciaban o rito do baño metendo os pés e logo, encrequenándose, mollaban o cu e o van ata que conseguían que a auguiña os bicase por todo o corpo. Era inesquecible esta primeira vez, como tamén o eran aquelas primeiras cunchiñas de ameixas ou outros pequenos moluscos que ían recoller para formar o seu primeiro gran tesouro mariño, que logo mostrarían con orgullo ao chegaren de volta ás súas casas. Por aquel entón, era doado tamén atopar estas cascas de xiba que, espontaneamente, ceibaban á auga para velas nadar ao xeito que o facían as lanchiñas ou botes dos pescadores de baixura que ollaban en alta mar. A viaxe de volta para a casa, despois da troula de todo o día, era coma un soño imposible de esquecer.

casca-xibaEsta argallada era máis doado vela nas zonas da costa galega, sobre todo naquela época en que non se limpaban os areais e estes estaban inzados de todo tipo de restos de algas, peixes, madeiras …, aínda que tamén no interior cando traían as cunchas da xiba para as súas casas e as botaban a navegar

Prácticas de seguridade vial

Prácticas de seguridade vial


en regos ou, máis comunmente, en lavadoiros. Este mesmo tipo de embarcación aparece nas Illas Baleares co nome de
vaixell de conxa de sípia, e de mastro e vela utilizaban unha ou dúas plumas de ave. Tamén é coñecido en moitas zonas de Portugal, como Illa de Madeira, Setúbal ou o Algarve, co nome de barco de osso de choco ou lula. Isto confirma que é un brinquedo moi propio das zonas marítimas de pescadores.

ASÍ SE FAI MATERIAL: Unha casca de xiba, un pauciño de 15 cm, un plástico ou unha folla de castiñeiro ou dunha árbore con follas semellantes e unha navalla.

TEMPO:10 minutos.

ESTACIÓN:Verán.

lancha-casca-xiba-paso-1
lancha-casca-xiba-paso-2
lancha-casca-xiba-paso-3

Despois de conseguirmos unha casca de xiba e un pauciño duns 15 cm de longo e 1 cm de grosor, xa podemos comezar a obra. Aguzamos o pau nunha das puntas e, deseguido, espetámolo polo outro lado no centro da casca, sempre pola parte que ten a membrana para riba. Chantamos o pau de xeito vertical e sen abanealo para ningún dos lados, senón pódenos quedar frouxo e cae o mastro. A seguir, dependendo do material que teñamos, podemos facerlle a vela de plástico ou dunha folla de castiñeiro. Para iso, furamos a vela de plástico duns 12 cm de alto e uns 8 cm de ancho, a uns 2 cm e espetámola no mastro e logo volvémolo a furar a outros 2 cm pola parte oposta e espetámosllo, quedando así feita xa a vela. Estas medidas da vela, varían segundo o tamaño da xiba, obviamente. De non termos plástico a man, pois procuramos unha folla grande de castiñeiro, magnolio ou árbore semellante. Este último recurso era moi empregado cando se facían na casa e xa coa casca, despois de ter papado a xiba ou de tela traído da praia. Xa podemos botar a nadar a lancha. De estar ben feito o proceso todo, navegará coma un prato.

Por: Xosé López González e Xosé Manuel García
Publicado o 6 de Maio do 2014 | 5:30 p.m.

Outros temas de Picaraxadas