Muchachito e Manu Chao repiten no Festival Reperkusión
A XII Edición do Festival Reperkusión de Bemposta quenta motores. Ourense prepárase para acoller os días 11, 12 e 13 de xullo unha das citas máis importantes do calendario festivaleiro do verán. Será una fin de semana dedicada á música pero tamén a moitas outras actividades que non deixarán nin un só momento para o aburrimento. |
A Cidade dos Muchachos
Fundada no 1956, A Cidade dos Muchachos en Bomposta (Ourense), foi un proxecto que pretendía mellorar a relación da sociedade coas artes e o circo.
Unha cidade dentro doutra cidade, cun sistema de autogoberno e un banco con moeda propia, “as coroas”. O modelo de convivencia a seguir na cidade foi pensado para os nenos e nenas, e defendía prioridades como a harmonía, a educación, o traballo e a formación artística, da que resulta o circo.
A poboación roldaba as 150 persoas e estaba composta, maiormente, por mozos e mozas pero, tamén, por un gran número de rapaces. Sen embargo, debido ás actividades que alí se impartían e a atracción que estas xeraban, a cidade recibía una gran cantidade de visitantes durante todo o ano.
A Cidade dos Muchachos de Ourense foi precursora doutras que virían despois en Colombia, Venezuela e Bolivia. Ademais ten embaixadas en La Guajira (Colombia), Kobe (Xapón), New Jersey (EEUU), e dúas máis en Nicaragua e Mozambique. Todas elas son exemplos da proxección daquela idea que empezou a formarse en Ourense na metade do século XX.
No que foi a Cidade dos Muchachos agora podemos atopar un amplio recinto disposto para a celebración deste festival. Un recinto con rúas dedicadas ó circo e ás artes, vivendas, espazos amplos, zonas verdes, edificios polivalentes, un domo espectacular e multitude de detalles.
Previa inscrición, todo aquel que o desexe e se dedique a isto pode poñer un posto no Mercadiño, ofrecendo ós miles de visitantes tanto artesanía, roupa ou importancións coma diferentes pratos de comida caseira.
As Actividades
Para os máis aficionados ó festival, aqueles que non queren perder nin un minuto do que acontece e, tamén, para todos os que o desexen, a organización do Reperkusión habilita un cámping situado no recinto dos concertos por un módico prezo de 5€ que estará aberto dende o venres 11 ás 12:00h ata o luns 14 ás 14:00h.
Durante a fin de semana a oferta de posibilidades non terá límite. Polas tardes poderase disfrutar de actividades de balde para todos os públicos e polas noites terán lugar os desexados concertos.
En palabras de Xurxo Seara, un dos organizadores do festival ourensán; “tres días e tres noites de festicultura, preto de 60 horas de programación para todos os públicos, practicamente sen interrupción […]”.
Actividades de Balde
Un amplo abanico de actividades, obradoiros, exhibicións e espectáculos de balde amenizarán as tardes desta fin de semana. Segundo Ana Garrido, concelleira de Cultura de Ourense, “unha aposta pola cultura para todas as persoas e de todos os gustos”.
A partir das 19:00h do venres comezan exhibicións como o circo Troupe Sky, 8 mm e o espectáculo teatral The Turre’s Band.
Xa dende pola mañá, o sábado, poderemos disfrutar de actividades como o Obradoiro de Malabares ás 12:00h, a Sesión de Ioga da risa á 13:00h e o Obradoiro de Percusión Africana ás 14:00h. Xa pola tarde, Djolé Djembé Booma ás 16:00h, Kuarembó ás 17:30h, Supergalácticos ás 18:00h, o concurso Empolada ás 18:30h, Troupe Sky ás 19:30h e o grupo de percusión e comedia visual Crassh ás 20:00h.
O derradeiro día tamén ven cargado de actividades, algunhas das realizadas o día anterior mesmo se reptirán para aqueles rezagados que quedaran sen elas. Obradoiro de Malabares ás 12:00h, Sesión de Ioga da risa ás 13:00h, Percusión Africana ás 14:00h, Olimpiada de Malabares ás 16:00h, Curioso Periplo ás 18:00h, Colectivo Bomba ás 19:00h, Los Bichis ás 20:30h, retransmisión da final do Mundial de Fútbol ás 22:00, La Banda de Andrelo ás 00:00h e para rematar, Hadri Dj á 1:30h.
A Empolada
A gran novidade desta edición consiste nun divertido concurso que comezará cunha refrescante batalla de más de 10.000 globos de auga, una vez empapados, os concursantes farán una guerra con 500 quilos de fariña e por último, pasearán ata o corral onde serán rociados con plumas.
O coñecido músico galego, Leo i Arremecághona, será o “Polo de Cerimonias” e marcará as normas. Os 200 mellores participantes recibirán un pico de recoñecemento co que rematarán totalmente empolados e entre eles o público elixirá o Rei Polo e a Raíña Pola que recibirán un bono para o Reperkusión 2015.
En palabras do director do festival, Emilio Oro, “o xogo máis salvaxe da historia do festival”.
Os pratos fortes desta edición serán Muchachito y sus compadres e Manu Chao, que sonarán por terceira vez consecutiva no Reperkusión. Sen embargo, o público poderá disfrutar de moitos máis grupos. A música sacudirá A Cidade dos Muchachos ata altas horas da madrugada.
A noite do venres comezará coa banda Kimbala ás 22:45h, una combinación de reggae, cumbia, ska e rock que animará as primeiras horas da festa. A continuación, ás 00:00h, Muchachito y sus compadres tocarán freneticamente as súas guitarras. Ás 02:00h a banda cosmopolita Noise Of Human Art (N.O.H.A) deleitaranos cos seus ritmos cargados de enerxía. E pecharán a velada Cuchufellos e Funkombo ás 03:45h e 05:30h, respectivamente.
Dani Lança será o encargado de abrir a noite do sábado, faráo ás 21:30h coa súa música urbana e clandestina das rúas de Barcelona. Co seu intenso garaje-punk, ás 23:00h, Terbutalina. A continuación, o gran Manu Chao volve un ano máis para ofrecer un concertó único. Ás 03:00h chegan os Dirty Honkers co seu electro swing e para repatar, os acordes xamaicanos do santiagués Hadri Hache.
Fotografías extraídas da páxina do Festival