publicidade hoxe

O Sergas publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e técnico en coidados auxiliares de enfermería.

Xeráronse un total de 27.193 inscricións. Resultaron admitidos 27.025 aspirantes. O 7,15% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.Só resultan excluídas o 0,62% das solicitudes de participación.

O total de aspirantes admitidos por categorías foron 13.626 en técnico en coidados auxiliares de enfermería, en 12.400 enfermeiro e 999 enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 1.117 en técnico en coidados auxiliares de enfermería, 777 en enfermeiro e 50 en enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Dos 50 novos inscritos nesta última lista, 48 están tamén inscritos na lista de enfermeiro do Servizo Galego de Saúde, dada a compatibilidade de inscrición en ambas listas.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos, o día 5 de abril de 2023.

Próximas publicacións

Proximamente, publicaranse as listas definitivas de diversas especialidades da categoría de facultativo especialista, médico de admisión e documentación clínica, médico de hospitalización a domicilio e técnico de saúde de atención primaria.

4 de abril de 2023 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.