publicidade hoxe

O Sergas publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías estatutarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galiciapublica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: calefactor, condutor, costureiro, electricista, fontaneiro, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.

Resultaron admitidos 6.019 aspirantes. A categoría con maior número de admitidos é a de lavandeiro, con 1.067. O 14,06% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 3,15% das solicitudes de participación.

Nestas listas incorpóranse as notas das últimas ofertas de emprego público realizadas en ditas categorías.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas definitivas de:albanel, carpinteiro, enxeñeiro técnico, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, perruqueiro, técnico de grado medio en prevención de riscos laborais e técnico superior de prevención de riscos laborais.

Así mesmo publícase a relación provisional de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, de 23 de outubro).

14 de xullo de 2022 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.