publicidade hoxe

Situación dos lumes forestais

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe.

Estabilizado O Carballiño

Ás 20,02 h. de onte comezaba un incendio forestal no concello ourensán do Carballiño, parroquia de Lobás, que quedaba estabilizado ás 3,20 h. desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións, afecta a máis de 20 hectáreas. No lugar levan participado 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Estabilizado Vilariño de Conso

Continúa estabilizado, desde as 20,04 h. do sábado, o incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 65 hectáreas. Iniciouse ás 22,35 h. do venres e para a súa extinción mobilizáronse 7 axentes, 30 brigadas, 3 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 1 avión.

Controlado Lobios

Segue controlado desde as 20,10 h. do pasado martes o lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 20 hectáreas. No control deste lume levan traballado 21 axentes, 72 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Controlado Chandrexa de Queixa

Segue tamén controlado desde as 15,47 h. do venres o lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións afecta 70 hectáreas, das cales 60 son de monte raso e as 10 restantes de arborado. Empezou ás 22,45 horas do xoves e na súa extinción levan traballado 11 axentes, 20 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros y 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

9 de outubro de 2017 | 10:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.