publicidade hoxe

A Xunta concédelle ao concello de Parada de Sil un préstamo de 602.000 euros sen xuros para a rehabilitación de varias construcións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaParada de SilPortada esquerda
A-
A+
Ethel Vázquez na sinatura do acordo

Ethel Vázquez na sinatura do acordo

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asinou hoxe coa alcaldesa de Parada do Sil, Yolanda Jácome, un convenio mediante o que o Goberno galego lle concederá un préstamo de 602.000 euros sen xuros para a rehabilitación de varias construcións no lugar de Fondo de Vila.

Trátase do primeiro convenio de Galicia asinado que permite a un concello acceder ao fondo de cooperación para a rehabilitación. Neste caso, o municipio deberá reintegrar este importe nun prazo de 8 anos a custo cero, sen ningún tipo de interese.

A actuación que quere executar o Concello é a proposta gañadora dun concurso de ideas, convocado polo propio Concello en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e consiste na rehabilitación de varias construcións tradicionais en ruínas das que se obterán catro vivendas que serán destinadas a residentes no municipio, xunto co acondicionamento de todo o seu contorno.

O Fondo de cooperación para a rehabilitación é unha nova medida da Xunta que está dirixida aos municipios de menos de 50.000 habitantes e que consiste na concesión de préstamos a interese cero para que poidan recuperar edificacións ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación. En total esta iniciativa está dotada con 10 millóns de euros, o que vai permitir rehabilitar unhas 1.500 vivendas en toda Galicia.

A Xunta publicou no mes de xullo no Diario Oficial de Galicia a convocatoria na que se fixaban as condicións e os criterios para o acceso a esta liña de financiamento e se abría o prazo para a presentación de solicitudes por parte dos concellos interesados. Os municipios deben asinar cadanseu convenio de financiamento no que se fai constar as actuacións que van desenvolver, e se concreta tanto a contía da que van dispoñer, como o prazo e as condicións de reintegro da cantidade percibida.

A titular de Infraestruturas indicou que esta medida pretende incentivar e implicar aos municipios galegos na recuperación e posta en valor de edificacións ou zonas emblemáticas das novas vilas para o uso e desfrute dos veciños.

3 de outubro de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.