publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaPorto do SonSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes forestais do Distrito IV-Barbanza, informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Porto do Son.

A Policía Autonómica procedeu á imputación dun varón como presunto autor dun incendio orixinado o pasado 23 de agosto, na parroquia de Nebra, e que afectou a unha superficie de 20,33 hectáreas (2 hectáreas de monte raso e 18,33 de arborado).

O lume iniciouse cando o investigado estaba a realizar tarefas de limpeza cunha rozadora.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de primeira instancia e instrución en funcións de garda de Noia. No que vai de ano, un total de 82 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

29 de agosto de 2017 | 14:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.