publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Ames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Santiago en colaboración con axentes forestais informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello coruñés de Ames.

Os axentes, en colaboración con axentes do Distrito Forestal nº III-Santiago Meseta Interior, procederon á investigación dun home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 17 de xullo na parroquia de Agrón, no concello de Ames (A Coruña). Realizadas as investigacións necesarias compróbase que o incendio foi provocado accidentalmente por unha faísca do tubo de escape dun tractor cheo de alpacas. O lume afectou a 1,52 hectáreas de superficie arborada.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Santiago de Compostela (A Coruña). Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 66 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

24 de xullo de 2017 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.