publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen dous incendios forestais na Baña e Ramirás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaLocal PortadaPortada dereitaRamirásSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, informaron hoxe do esclarecemento de dous incendios forestais nos concellos da Baña e Ramirás.

A Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración cos axentes forestais do distrito forestal IV-Barbanza, procederon á investigación dun home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 17 de xullo, na parroquia de San Miguel de Cabanas, no concello da Baña (A Coruña). O lume produciuse accidentalmente cando realizaba labores de tala na leira, afectando unha superficie de 0,02 hectáreas de superficie arborada e 0,18 hectáreas de superficie rasa. Polos feitos, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Negreira.

Por outra banda, axentes da Policía Autonómica de Ourense tomaron declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume, ocorrido o pasado 22 de xullo na parroquia de Freás de Eiras, no concello de Ramirás (Ourense). O incendio produciuse debido a unha chispa durante as tarefas de desbroce que se realizaban na finca. Arderon 0,05 hectáreas de monte arborado e raso. Polos feitos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Celanova.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 69 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

27 de xullo de 2017 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.