publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura da Coruña informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Ferrol.

A Policía Autonómica da Coruña, procedeu á imputación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 15 de xullo, no lugar de Sarantellos, parroquia de Serantes, Ferrol (A Coruña). O lume produciuse por mor do lanzamento de fogos de artificio, con motivo dunha celebración, afectando a unha superficie 0.30 hectáreas de monte arborado e raso.

Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Ferrol. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 67 persoas foron detidas/ investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

26 de xullo de 2017 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.