publicidade hoxe

Imputan a 15 persoas por presunto delito de furtivismo no Concello de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica informou hoxe da imputación de 15 persoas, no marco da “Operación Estradas”, levada a cabo en Cabo de Cruz, no concello de Boiro na que foron decomisados 113 quilos de ameixa babosa.

Axentes do Grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago desenvolveron onte a “Operación Estrada” para evitar o furtivismo nas praias de Cabo de Cruz, que deu como resultado a imputación de 15 persoas, 14 por un presunto delito de furtivismo e unha persoa por delito de receptación, que se encargaba de poñer o marisco no mercado a través dunha depuradora da súa propiedade.

Os axentes deron conta ante a autoridade xudicial e á fiscalía de Medio Ambiente, da enorme actividade ilegal dos detidos, algún dos cales foron sorprendidos practicando o furtivismo ata en 241 ocasións nos últimos dous anos. As irregularidades demostradas van desde non respectar as mareas como se lle esixe aos mariscadores legais, non respectar as tallas das extraccións, nin o paro biolóxico.

Polos feitos descritos, tramítase atestado policial remitido ao Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira.

23 de xuño de 2017 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.