publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Monfero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonferoPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello coruñés de Monfero, parroquia de San Fiz.

Este incendio comezou onte ás 12,51 h. e quedou extinguido ás 2,12 h. desta madrugada. Na súa extinción traballaron un total de 13 axentes, 17 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 24 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as catro restantes de arborado.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

16 de xuño de 2017 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.