publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Ames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio no concello coruñés de Ames, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes forestais do distrito forestal III-Ordes.

A Policía Autonómica de Santiago identificou un home como presunto autor dun lume ocorrido o 24 de abril, na parroquia de Ames, e que afectou unha superficie rasa de 0,23 hectáreas. O lume produciuse polo lanzamento neglixente de artefactos pirotécnicos durante as festas de San Marcos. A rápida intervención dos medios de extinción do distrito III da Xunta evitaron que o lume acadara maiores dimensións. Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela.

No que vai de ano son 32 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

28 de abril de 2017 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.