publicidade hoxe

Comeza a ampliación do Hospital Público Arquitecto Marcide de Ferrol que contará con dous novos edificios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta, a posta en marcha da ampliación do Hospital público Arquitecto Marcide de Ferrol coa adxudicación da redacción do plan director.

Logo de precisar que o estudio de arquitectura adxudicatario terá cinco meses para desenvolvelo, Feijóo explicou que con este proxecto o hospital público ferrolá ampliará a súa superficie nun 35%, adaptándose mellor ás necesidades dos usuarios e dos profesionais.

Así, o hospital contará con dous novos edificios: un novo edificio asistencial na zona leste para hospitalización, Urxencias, UCI e pediatría; e un novo edificio de apoio na zona sur para outras instalacións, labores de mantemento e administración.

O presidente da Xunta destacou que, ademais do plan director, tamén se adxudicou a redacción do proxecto básico e de execución dos dous edificios, que recolle as achegas e suxestión dos profesionais e usuarios do Arquitecto Marcide. Estas propostas terán especial impacto nas áreas de: hospitalización, UCI, bloque cirúrxico, consultas externas, hospitais de día hemato-oncolóxico, unidade de diálise, radiodiagnose, pediatría; e, especialmente, urxencias.

Feijóo incidiu en que con esta ampliación a Xunta pon de manifesto un dobre compromiso: o compromiso de que o 100% dos galegos teñan un hospital novo ou reformado na súa área de saúde; e o compromiso cos veciños da área sanitaria de Ferrol.

27 de abril de 2017 | 15:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.