publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Ames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello coruñés de Ames, unha actuación que se realizou en colaboración coa axentes forestais do distrito.

A Policía Autonómica de Santiago procedeu á imputación dun varón como presunto autor dun lume ocorrido o 18 de marzo, na parroquia de Ameixenda, no concello de Ames, e que afectou unha superficie de 1,27 hectáreas. O lume orixinouse pola realización dunhas queimas para as cales non había constancia de solicitude á Consellería de Medio Rural e nas que supostamente non se adoptaron todas as medidas de seguridade preceptivas.

Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Santiago de Compostela.

No que vai de ano son doce as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

28 de marzo de 2017 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.