publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan ao presunto autor dun incendio forestal na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés da Guarda.

O lume tivo lugar o pasado 22 de febreiro, no lugar de Peralta, parroquia de Camposancos, concello da Guarda, e afectou a unha superficie arborada de 1.000 metros cadrados de terreo forestal e 4.000 metros cadrados de monte raso. O incendio produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais de xeito neglixente.

Por dito feito instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Tui (Pontevedra). Na actual campaña antiincendios forestais do 2017, un total de 5 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

1 de marzo de 2017 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.