publicidade hoxe

O Cupón Diario da ONCE reparte en Ferrol 210.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Cupón Diario da ONCE repartiu 210.000 euros en Ferrol, en seis cupóns premiados con 35.000 euros cada un no sorteo do mércores 11 de xaneiro de 2017.

A axente vendedora da ONCE Eva Mª. Suárez Bouza é quen levou a ilusión da ONCE a Ferrol desde o seu punto de venda, situado na rúa Río Castro, número 3 da localidade ferrolá, onde xa o celebra con algunhas das persoas que son clientes habituais.

O cupón da ONCE do 11 de xaneiro, pertencente á serie  ‘Igualdade sen descartes’, coa que a Organización reivindica  a igualdade das persoas con discapacidade na sociedade, tamén deixou premios en localidades de Andalucía (525.000 euros) e da Comunidade de Madrid (350.000 euros).

O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais, o cliente ten a oportunidade, por 0,5 euros máis, de xogar tamén á serie, e gañar “A Paga” de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros. Terán premio de 500 euros os números anterior e posterior ao agraciado; e premio de 200, 20, e 6 euros ás catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado. Así como reintegros de 1,5 euros á última e primeira cifra. 

Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes vendedores da ONCE. Como sempre, grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir desde a páxina web oficial de Xogos ONCE e establecementos colaboradores autorizados.

12 de xaneiro de 2017 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.