publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén in fraganti á autora dun roubo con violencia en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioPortada dereitaSucesos
A-
A+

Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detiveron a unha veciña residente no poboado chabolista de O Vao (Poio), cando estaba a tentar arrebatar o bolso a unha persoa sordomuda.

Os feitos sucederon sobre as 14:30 horas do sábado pasado cando unha patrulla de motoristas do Destacamento de Tráfico de Pontevedra circulaba pola estrada PO-531 (Pontevedra-Bayón). Ao chegar á altura da rotonda que comunica coa ponte das Cabras e o polígono industrial de O Vao, sorprenderon a unha muller que forcexeaba violentamente con outra que estaba tirada no chan. 

Ao intervir os motoristas de Tráfico, co apoio doutra patrulla de seguridade cidadá, decatáronse de que a muller que estaba a ser agredida era sordomuda e a través de acenos puido expresar que a outra muller estaba a tentar arrebatarlle o bolso. 

En consecuencia e a pesar de que a agresora trataba de convencer aos axentes de que só lle estaba pedindo diñeiro” foi detida como suposta autora dunha tentativa de delito de roubo con violencia e intimidación, que non chegou a consumarse pola inmediata intervención da patrulla da Garda Civil. 

Sobre a muller detida, B.S.M. de 26 anos de idade, que ten un amplo historial de antecedentes policiais por distintos feitos delituosos, recaía orde de detención e ingreso en prisión, dimanante da Sección 4ª da Audiencia Provincial, para cumprir un ano de prisión por un delito de atentado a axentes da autoridade.

O Posto Exterior de Pontevedra fíxose cargo da instrución das correspondentes dilixencias e puxo á detida a disposición número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, que decretou o seu ingreso no Centro Penal da Lama.

10 de xaneiro de 2017 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.