publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan ao presunto autor dun incendio forestal no concello de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaPorto do SonSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV- Barbanza informaron hoxe da imputación dun varón como presunto autor dun incendio forestal no concello de Porto do Son (A Coruña).

O lume que tivo lugar pasado día 9 de decembro afectou a unha superficie de 500 metros cadrados de monte raso, na parroquia de Santo Estevo de Queiruga, no concello de Porto do Son. E segundo as investigacións realizadas comprobouse que o lume iniciouse pola realización dunha queima de restos forestais, de xeito neglixente, para a cal non contaba coa pertinente autorización da Consellería do Medio Rural.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Primeira Instancia e Instrución , en funcións de Garda de Noia (A Coruña). Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 69 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

16 de decembro de 2016 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.