publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan ao presunto autor dun incendio forestal na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés da Cañiza.

O lume, que tivo lugar o pasado día 13 de decembro, afectou a unha superficie de 5.000 metros cadrados de terreo arborado, no lugar de Ribadil de Abaixo, parroquia de Oroso.

Na investigación comprobouse que o lume se debeu a un escape de queima de restos forestais, que o investigado realizou de forma neglixente.Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución número 3 de Ponteareas.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 73 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

30 de decembro de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.