publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan ao presunto autor dun incendio forestal en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Pontevedra informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés de Poio.

O lume, que tivo lugar pasado día 20 de decembro, afectou a unha superficie de 1.400 metros cadrados, no lugar de Chancelas, parroquia de Combarro. Na investigación contouse coa colaboración dos Axentes Medio Ambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestal (B.I.I.F) da Consellería do Medio Rural, comprobándose que o lume se debeu a un escape de queima de restos forestais, que o investigado realizou de forma neglixente. Para a extinción do lume foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Pontevedra.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 72 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

27 de decembro de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.