publicidade hoxe

Morre un home tras ser arroiado por un tren en Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSarriaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 50 anos faleceu a última hora deste xoves tres ser atropelado por un tren na estación da localidade lucense de Sarria. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 21,00 horas, cando o home camiñaba acompañado doutras dúas persoas pola estación de Sarria cando, por causas que se descoñecen, caeu ás vías. Os servizos de emerxencias apuntan a un accidente fortuíto.

A circulación ferroviaria na zona permaneceu pechada pouco máis dunha hora tras o suceso. O tren que arroiou ao home facía o traxecto entre A Coruña e Monforte e nel viaxaban tres persoas. Ademais, outro tren tivo que deter a súa marcha como consecuencia do sinistro.

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, Protección Civil e Garda Civil, así como persoal do 061 que confirmou o falecemento da vítima. Tamén foi informado Adif.

25 de novembro de 2016 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.