publicidade hoxe

Unha decena de detidos nunha redada antidroga nun poboado chabolista en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil despregaron este martes unha operación antidroga no poboado do Vao de Abaixo, no Concello de Poio (Pontevedra), que se saldou cunha decena de detencións.

A redada iniciouse sobre as 8,30 horas da mañá deste martes e rematou pasadas as 13,00 horas. Unha decena de persoas foron detidas no poboado chabolista.

Ademais, os axentes practicaron varios rexistros nas vivendas e incautáronse diversas cantidades de heroína e cocaína, diñeiro e tamén armas.

Fontes oficiais do instituto armado destacan o “positivo” resultado desta “importante” operación contra o tráfico de estupefacientes.

No operativo, que se desenvolveu sen incidentes, participaron axentes pertencentes aos Grupos Rurais de Seguridade e da unidade cinológica.

Os detidos foron trasladados á Comandancia de Pontevedra como paso previo á súa posta a disposición xudicial.

4 de outubro de 2016 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.