publicidade hoxe

Un total de tres cruceiros desembarcarán preto de 6.000 turistas en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

A cidade de Ferrol recibirá entre este mércores e o domingo uns 5.900 turistas a bordo dos tres cruceiros ‘MSC Opera, ‘Marina’ e o ‘Saga Sapphire’.

Segundo informou a Autoridade Portuaria de Ferrol, o primeiro que chegará é o ‘MSC Opera’ da navieira MSC Cruceiros e, ademais, farao por primeira vez na cidade. Este barco é un cruceiro de luxo que ten capacidade para 2.679 pasaxeiros e 728 membros da tripulación.

Unha xornada máis tarde, o xoves, está prevista a chegada do ‘Marina’, que xa estivera o pasado mes de xuño procedente de Bilbao e con 2.000 persoas a bordo.

O domingo pechará a semana o ‘Saga Sapphire’, procedente de Southampton con 1.100 turistas, entre pasaxeiros e tripulantes. Este cruceiro fará escala tres ocasións máis en Ferrol, unha en outubro e dous en decembro.

BALANCE

No que vai de mes, Ferrol recibiu dous cruceiros -o ‘Wind Surf’, o pasado día 5, e o ‘Horizon’, o día 12-. Cos tres barcos que esta semana espera que fagan escala, máis a parada do ‘Artania’ o próximo 30, a cidade recibiría máis de 10.300 turistas a bordo de seis cruceiros, o que converte a setembro no mes deste exercicio con máis visitantes e cruceiros.

Ata finais do ano 2016 a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao prevé a escala de sete barcos máis destas características, cinco deles en outubro, que sumarán 8.200 pasaxeiros e tripulantes a bordo.

En concreto, repetirán escala o ‘Aida Sol’, que xa estivo fai seis meses, e outros cruceiros que visitaron a cidade en anos anteriores como o ‘Boudicca’ e o ‘Black Watch’.

20 de setembro de 2016 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.