publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil localiza conducindo en dirección contraria a un octoxenario dado por desaparecido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRábadeSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil interceptou na madrugada deste martes na autovía A-6 a un condutor que circulaba en sentido contrario. Tras darlle o alto, os axentes constataron que se trataba dun home de 80 anos cuxa familia denunciara a súa desaparición na mañá do luns.

Os feitos sucederon sobre as 1,40 horas da madrugada no quilómetro 521 da A-6, ao seu paso pola localidade lucense de Rábade, onde foi interceptado o vehículo en dirección contraria.

Os axentes identificaron o condutor como un home de 80 anos, que se atopaba “desorientado e desconcertado”. Ademais, puideron saber que a familia do home denunciara a súa desaparición esa mesma mañá na comisaría da Policía Nacional en Lugo.

O condutor presentárase a recoñecemento para a renovación do permiso de conducir o día 1 de agosto deste ano e for a rexeitado.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución número 2 de Villalba e a Garda Civil púxose tamén en contacto coa familia do home para “tranquilizalos”.

30 de agosto de 2016 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.