publicidade hoxe

Sofre un accidente de tráfico en Boiro tras sufrir unha reacción alérxica pola picadura dunha avispa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal PortadaPortada dereitaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Unha muller sufriu un accidente de circulación este xoves logo de sufrir unha picadura de avispa mentres estaba ao volante, segundo informou o CAE-112 Galicia. O incidente ocorreu no municipio coruñés de Boiro na estrada que vai á praia de Barraña. A condutora perdeu o control do seu vehículo tras ser picada por unha avispa, o que provocou que chocase contra outro turismo e derrubase un farol.

A muller tivo que ser trasladada polos servizos de urxencia até o centro de saúde da localidade, xa que estaba a sufrir unha reacción alérxica. Até o lugar dos feitos tamén se desprazaron axentes da Policía Local, os bombeiros e membros de Protección Civil.

Doutra banda, a colisión de dous turismos na rúa Severino Covas do lugar de Sabaxáns, en Vigo, deixou tres feridos. As persoas que deron o aviso ao 112 creron que dous dos ocupantes estaban atrapados no vehículo, aínda que finalmente os bombeiros non necesitaron realizar tarefas de excarceración.

28 de xullo de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.