publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece tras ser atropelada accidentalmente polo seu marido en Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOutesPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller faleceu na mañá deste xoves tras ser atropelada accidentalmente polo seu marido na localidade coruñesa de Outes. Segundo informou o CAE-112 Galicia, o suceso aconteceu sobre as 10.15 horas deste xoves á altura do número 2 da rúa Cruz, en Outes. Efectivos de emerxencias confirmaron que a muller foi atropelada accidentalmente polo seu marido cando este daba marcha atrás para saír da propiedade.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, a Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que non puido facer nada por salvar a vida da vítima. Ademais, os efectivos sanitarios tiveron que prestar asistencia aos familiares da falecida, afectados por unha crise nerviosa.

9 de xuño de 2016 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.