publicidade hoxe

Un home falece nun accidente de tráfico en Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMeañoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 42 anos resultou falecido pasada a medianoite deste venres nun accidente de tráfico ocorrido na localidade pontevedresa de Meaño. Segundo informou o 112-Galicia e o 061, o accidente ocorreu uns minutos despois da medianoite cando o vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da estrada no lugar de Baiuca, na parroquia de San Martiño de Padrenda, e chocou contra o muro dunha casa.

Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ribadumia e servizo de emerxencias de Sanxenxo, que tiveron que excarcerar á vítima, que quedara atrapada no vehículo. Así mesmo, acudiron dúas ambulancias asistenciais do 061 e persoal sanitario da PAC de Sanxenxo que, con todo, só puido certificar a morte do home.

6 de maio de 2016 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.