publicidade hoxe

Un edil popular de Sarria propón consultar á militancia sobre unha moción de censura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoPortada dereitaSarria
A-
A+
Europa Press

O concelleiro do PP en Sarria, Manuel Sangil, propuxo que as bases do partido neste municipio lucense, cuns 500 afiliados, decidan sobre a presentación dunha moción de censura contra a alcaldesa, a socialista Pilar López.

Os socialistas -catro edís- gobernan en minoría co BNG -dous concelleiros-, fronte aos sete do PP, tres de Compromiso por Galicia, e un dunha lista independente.

Sangil, enfrontado ao voceiro popular e exalcalde José Antonio García, suxeriu a posibilidade desta consulta, despois de que rompesen as negociacións con Compromiso por Galicia ao reclamar este grupo para si a Alcaldía, ante a eventualidade dunha moción de censura.

“Que os militantes decidan se o posto de alcalde é fundamental para facer o pacto e entrar no goberno: seguir na oposición e deixar que goberne a alcaldesa socialista, ou se, non estar no goberno cos sete concelleiros, aínda que sexa sen ostentar a alcaldía”, formulou o edil popular.

DEFENDE AS CONSULTAS Á MILITANCIA

Manuel Sangil amparouse en que “todos os partidos están a ir a este tema (consultar ás bases) para que os militantes teñan voz e voto”. “E eu, como militante do PP, creo que é unha experiencia necesaria porque este paso que se dea é fundamental para o futuro do Partido Popular”, considerou.

Ademais, manifestou que “é pouco” que sete concelleiros decidan sobre o que opinan eses 500 afiliados, de maneira que incidiu en que “sexa a militancia a que se faga responsable do que vai pasar e do futuro do PP”.

Finalmente, Sangil di que está a favor dar a entrada no goberno aínda a custa de prescindir da Alcaldía. “É importantísimo que sete concelleiros como ten o PP no concello entren no goberno, porque con sete concellarías se pode dar moito de si e se poden facer moitas cousas”, insistiu.

2 de maio de 2016 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.