publicidade hoxe

Falece o condutor dun vehículo en Navia de Suarna tras sentirse indisposto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNavia de SuarnaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dun turismo que circulaba pola localidade lucense de Navia de Suarna resultou falecido a primeira hora desta mañá tras sentirse indisposto e chamar os servizos de emerxencias.

Segundo explicou o 112-Galicia, foi o propio condutor o que alertou á central de emerxencias pouco antes das 8,00 horas, cando circulaba polas curvas de Mondián, en Navia de Suarna.

O home dixo que se sentía indisposto e que parara o vehículo e baixárase porque lle custaba respirar. Posteriormente, esvaeceuse. Ata o lugar desprazouse un equipo sanitario a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que nada puido facer por salvar a vida do home.

18 de maio de 2016 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.