publicidade hoxe

Varias persoas detidas nunha operación contra o tráfico de drogas nun poboado chabolista de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un despregamento de máis de 30 axentes da Garda Civil no marco dunha operación antidroga no poboado chabolista de O Vao, en Poio (Pontevedra), saldouse con seis detidos. Concretamente, o dispositivo policial por suposta venda de droga a pequena escala iniciouse ao redor das 5,00 horas e prolongouse ao redor de catro horas, até as 9,30 da mañá deste luns.

Así, participaron axentes do posto de Pontevedra, do Grupo de Reserva e Seguridade (GRS) de Castrosenín e do servizo cinolóxico, que utilizaron dous cans adestrados para detectar droga nos rexistros das dúas chabolas.

En total, practicáronse seis detencións e interveuse unha pequena cantidade de cocaína, repartida en preto de cen doses, preparadas para a súa distribución polo miúdo.

ARMAS BRANCAS

Tamén se incautaron dunha pequena cantidade de diñeiro en efectivo, procedente do trapicheo de dous vehículos que presuntamente as persoas arrestadas utilizaban como medios de transporte nas súas actividades de tráfico a pequena escala de drogas.

Segundo indicaron fontes da Garda Civil, os axentes, todos eles da Comandancia de Pontevedra, tamén interviñeron nos dous rexistros domiciliarios armas brancas, entre elas machetes e navallas.

11 de abril de 2016 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.