publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un percebeiro de 55 anos falece tras caer ao mar en Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un percebeiro de 55 anos, J.M.B.L., faleceu na mañá deste xoves tras caer ao mar cando faenaba en Punta Arnela, en Fisterra (A Coruña). Fontes do 061 informaron que se enviou unha ambulancia asistencial ata a zona sobre as 10,30 horas, pero o home xa falecera.

Pola súa banda, fontes de Salvamento Marítimo indicaron que recibiron a alerta do 112, pero tras mobilizar a diversos medios, a Policía Local informou de que o home falecera, polo que non foi necesaria a súa intervención.

Segundo sinalou a Policía Local de Fisterra, o falecido é veciño da localidade e xa se levantou o corpo do lugar.

7 de abril de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.