publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rescatan a dous percebeiros en Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosValdoviño
A-
A+
Europa Press

Dous percebeiros foron rescatados este venres en Valdoviño tras quedar illados no illote Percebelleira, na praia da Frouxeira desta localidade. Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, o suceso tivo lugar sobre as 12,50 horas e ao lugar trasladouse o Helimer 401.

Precisamente, foi este helicóptero o que rescatou un dos homes e o deixou na praia. O outro puido alcanzar a beira polos seus propios medios. Salvamento Marítimo tamén mobilizou á embarcación L.S Langosteira da Cruz Vermella aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención.

8 de abril de 2016 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.