publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión sen fianza para o home detido por abusos a menores en Friol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o home de 50 anos, M.M., detido por supostos delitos de abusos sexuais a menores de idade, incluído o seu fillo de 14 anos.

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), investíganse feitos que se enmarcan na categoría de delitos contra a liberdade e identidade sexual, concretamente referidos a menores de 16 anos e nos seus capítulos relativos ao uso de medios tecnolóxicos.

As penas por un delito deste tipo contra un só menor poden ir de 2 a seis anos de cárcere. Ademais, o código penal prevé penas de entre un e cinco anos para os casos en que se utilicen a menores de idade para elaborar calquera tipo de material pornográfico.

As mesmas fontes explicaron que, por agora, non se pode concretar o número de menores afectados neste caso. O fillo do detido, de 14 anos, declarou en dependencias da Garda Civil, acompañado da súa nai, que pousara “xunto ao seu pai diante dunha cámara web para facer cousas sexuais, para que o visen terceiras persoas, que tamén podían ser menores”, segundo fontes da investigación.

O arrestado pasou a disposición do Xulgado número 2 de Lugo este mércores despois de ser trasladado sobre as 11,30 horas desde os calabozos da Comandancia da Garda Civil, cuxos axentes practicaron a detención por mor dunha denuncia interposta polo tío do menor de 14 anos, que acudira en compañía da súa filla.

Por mor dos indicios, axentes da Garda Civil acudiron ao domicilio do home, en Friol. Os investigadores consideran que estes supostos abusos poden remontarse a desde “hai ano e medio, até a actualidade”.

6 de abril de 2016 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.