publicidade hoxe

O Sergas condenado a indemnizar un paciente ao que lle quedou unha minusvalía por non ser operado a tempo dunha hernia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou ao Sergas a indemnizar con 40.000 euros un paciente de 43 anos e veciño de Brión (A Coruña) ao que lle quedou unha minusvalía do 33% por non ser intervido a tempo dunha hernia discal.

Diso informou nun comunicado o avogado do Defensor do Paciente, Cipriano Castreje, quen recordou que o home, M.C.J.A, foi atendido en 2005 no servizo de neurocirugía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Con todo, non foi citado para acudir a consulta ata o mes de abril de 2007.

Segundo recordou, en decembro de 2006 “causou baixa por unha coxeira na perna esquerda e foi citado no hospital para o día 11 de xaneiro de 2007″, tras iso, comunicóuselle que debía ser operado de “urxencia”. Por iso, “o 12 de febreiro de 2007 acudiu á consulta de neurocirugía e realizóuselle o preoperatorio que finalizou o 28 de marzo de 2007″.

Non obstante, tal e como apuntou o letrado, “non foi chamado para ser sometido a intervención cirúrxica ata o mes de setembro de 2007″ xa que foi incluído na lista de espera como prioridade III. Tras iso, cando chegou para ser intervido a lesión convertérase en non apta para cirurxía polo excesivo tempo transcorrido entre o diagnóstico e a intervención prevista”.

Ao respecto, a presidenta do Defensor do Paciente, Carmen Flores, considerou que “unha vez máis a xestión non adecuada das listas de espera xera danos irreparables nun paciente, quedando demostrado que son un atentado coa integridade física das persoas”.

1 de abril de 2016 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.