publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A deputada do PPdeG Isabel García Pacín dimite por diferenzas co rexedor de Friol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

A deputada do PPdeG Isabel García Pacín deixou o seu presentado a súa dimisión como tenente de alcalde e responsable de servizos sociais no Concello de Friol (Lugo), aínda que permanecerá como concelleira, debido a “diferenzas dende o punto de vista de entender a política local”, segundo explicou o rexedor, o popular José Ángel Santos.

Santos achacouno a que “ela estaba afeita a facer un política diferente amparada pola forma de actuar do anterior alcalde (Antonio Muiña) que non quere dicir que sexa a mellor, aínda que foi dos mellores alcaldes que tivo Friol”.

“A forma de facer a xestión diaria deste equipo de goberno non coincide coa que se viña facendo ata este momento”, remarcou o rexedor.

A propia parlamentaria do PP por Lugo coincide en que a súa marcha se produce porque “son diferentes formas de facer política”. “Que teño que respectar, pero non compartir”, dixo, en referencia ao rexedor.

Isabel García Pacín acusou Santos de “non ter a ben compartir co equipo (de goberno do PP) e deixar achegar iniciativas ou parte de iniciativas políticas”. “Actúa dunha forma bastante personalista e sen deixarse aconsellar, asesorar ou traballar con achegas de todo o mundo”, sinalou.

Así, recoñeceu que o último “desencontro” se produciu no último pleno ao non someter á consideración do grupo unhas iniciativas sobre urbanismo e censurou que o alcalde “tomou a iniciativa de presentalas, sen sometelas á valoración do equipo”.

1 de abril de 2016 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.