publicidade hoxe

Un tren choca en Fene contra un coche atravesado na vía férrea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFenePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un tren chocou este mércores en Fene (A Coruña) contra un coche que quedou atravesado na vía férrea tras outro accidente, neste caso contra outro turismo. Segundo os datos do 112, o suceso ocorreu na parroquia de Perlío sobre as 17,30 e non deixa feridos. E é que no convoi unicamente viaxaban catro pasaxeiros e os ocupantes do coche desaloxárono momentos antes.

A maiores, Emerxencias informou de que un traballador foi evacuado de urxencia por unha embarcación de Salvamento Marítimo tras sufrir unha caída por unhas escaleiras nas illas Cíes.

En concreto, o ferido foi trasladado na Salvamar Mirach ao porto de Vigo, onde esperaban os técnicos de Urxencias Médicas.

A alarma deuna o axente forestal da illa, quen se puxo en contacto co 112 ao empeorar as lesións do traballador, que o martes sufriu unha caída e golpeouse na cabeza e nunha perna.

30 de marzo de 2016 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.