Un octoxenario falece en Palas de Rei ao caer por un desnivel co seu tractor
Un home de 82 anos, J.P.L., faleceu na tarde deste martes tras sufrir un accidente co seu tractor, que caeu por un desnivel e envorcou en Palas de Rei (Lugo). O sinistro tivo lugar na casa Camiño, na parroquia de Merlán, nas proximidades dun tramo do Camiño de Santiago, segundo informaron fontes do GES de Monterroso.
O CAE 112 precisou que foi precisamente un grupo de peregrinos os que alertaron o 112 Galicia do acontecido en torno ás 16,10 horas da tarde deste martes.
A vítima caeu co tractor polo desnivel e quedou atrapada debaixo da máquina nunha zona de acceso complicado.
Os bombeiros de Chantada, alertados polo 112 Galicia, liberaron o corpo xa sen vida. O persoal do CAE 112 Galicia tamén informou ao GES de Monterroso, a Protección Civil, a Urxencias Médicas e á Garda Civil.