publicidade hoxe

Un home atraca un banco en Parga e leva un botín de máis de 4.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home atracou unha oficina do Banco Pastor situada no centro de Parga, en Guitiriz (Lugo), e logrou roubar da caixa unha cantidade que superaría os 4.000 euros.

Fontes próximas á investigación explicaron que foi en torno ás 14,00 horas cando o home entrou na sucursal armado cun coitelo. Unha vez dentro da oficina intimidaría e ataría de pés e mans a empregada da entidade, a única que se atopaba nese momento no banco.

Xa co botín, o traballador emprendeu a fuxida nun vehículo, segundo informaron as fontes consultadas. Ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes da Garda Civil, que emprenderon unha investigación e intentan localizar o atracador. Con tal fin, tomaron declaración á empregada do banco e a outra muller que foi testemuña dos feitos.

22 de marzo de 2016 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.