publicidade hoxe

O detido pola morte da súa parella en Becerreá rexeita declarar no xulgado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O detido por disparar e matar á súa parella en Becerreá (Lugo), José Manuel C.N., alcumado ‘O Chamaco’, acolleuse este luns ao seu dereito a non declarar ante a xuíza que instrúe a causa relacionada co crime que o pasado mes de febreiro rematou coa vida de Ana Gómez Nieto, que deixou dous fillos.

O home, de 29 anos de idade, confesara os feitos a un amigo e ao tenente de alcalde deste municipio, Claudio Vázquez, aos cales se entregara, pero este luns rexeitou dar a súa versión dos feitos na sede xudicial, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Despois de entregarse ao concelleiro pouco despois do crime, ‘O Chamaco’ foi trasladado ao cuartel da Garda Civil de Becerreá e á Comandancia de Lugo, pero tivo que recibir asistencia médica como consecuencia dunha crise de ansiedade.

Esta é a segunda vez na que o suposto autor do crime comparece ante o xulgado. A vez anterior non puidera declarar porque sufrira un ataque de ansiedade, pero a xuíza decidira envialo a prisión provisional, comunicada e sen fianza.

DECLARACIÓN DE TESTEMUÑAS

En aquela ocasión declararan tres testemuñas, a nai do detido, que presenciou o suceso; o amigo ao que ‘O Chamaco’ chamou para confesalo o que fixera, e o tenente alcalde de Becerreá, que se atopaba con este amigo xogando unha partida. Ambos os dous recolleron ao detido, que fuxira ao monte, para que se entregase.

A vítima, de 40 anos de idade, morreu a consecuencia dun disparo de escopeta que recibiu polas costas. Aconteceu en presenza da súa sogra e dos seus dous fillos, un dos cales foi ferido nunha man polos disparos do detido.

7 de marzo de 2016 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.