publicidade hoxe

Unha muller de 70 anos falece nun choque dun turismo contra unha árbore en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 70 anos, C.O.T, faleceu este luns nun accidente de tráfico en Boiro (A Coruña) tras o impacto dun turismo contra unha árbore, na que resultou ferido un home de 78 anos, R.T.C. Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar cerce das 10,30 horas á altura de Lampón, no termo municipal coruñés de Boiro.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro para excarcerar ambas as dúas persoas. Efectivos do parque comarcal foron os que deron a alerta ao 112 sobre as 10,30 horas. Tamén foron avisados axentes de Tráfico e membros de Protección Civil de Boiro. Ademais, ata o lugar desprazouse Urxencias Médicas.

A muller faleceu no lugar, mentres que o home ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Barbanza, segundo informou o 061.

1 de febreiro de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.