publicidade hoxe

Unha moza falece nun accidente de tráfico en Coristanco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoristancoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha moza faleceu na tarde deste luns tras envorcar o coche no que circulaba pola AC-552, á altura da parroquia de Agualada, no Concello de Coristanco (A Coruña).

Segundo informa o CAE 112 Galicia, o accidente provocou que a moza quede atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo, que excarceraron á moza xa falecida. Ademais, un poste da iluminación pública caeu sobre o coche sinistrado.

Foi un particular o que deu a alerta ao redor das 16,30 horas. Até o lugar tamén se desprazaron, entre outros, técnicos sanitarios de Urxencias Médicas, efectivos do GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Coristanco.

8 de febreiro de 2016 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.