Tres persoas feridas nun accidente de tráfico en Sanxenxo
Tres persoas resultaron feridas este luns nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Sanxenxo, onde chocaron un camión e un turismo. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 12,00 horas deste luns no lugar de Portonovo, na parroquia de Adina.
Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Local, o Servizo de Emerxencias de Sanxenxo, os Bombeiros do Salnés e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Por outra banda, pouco antes das 12,00 horas, o 112 tivo coñecemento dun accidente de tráfico ocorrido na localidade lucense de Palas de Rei, onde un vehículo se saíu da vía e chocou contra unha árbore.
Até a zona acudiron axentes de Tráifco e membros de Protección Civil de Palas de Rei e GES de Monterroso. Unha persoa foi asistida das súas feridas.