publicidade hoxe

O fillo do líder do secuestro do madeireiro en Aranga pide perdón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArangaLalínLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O fillo do presunto líder do secuestro do madeireiro en Aranga (A Coruña) asegurou que foron o seu pai e o seu tío os que o idearon todo e, aínda que el tamén estaba “ao tanto”, negou ser o organizador do secuestro. De feito, mostrouse arrepentido: “Pido perdón a Abel e á súa familia polo dano que pasou”.

Así declarou este xoves na segunda sesión do xuízo que se segue na Audiencia de A Coruña contra oito persoas que se enfrontan a penas de entre trece e dez anos de prisión por participar no secuestro de Abel D.N., ao que os acusados confundiron co seu irmán, coa intención de obter 70.000 euros.

Este mozo sinalou que o que se lle fixo ao madeireiro, que estivo retido durante cinco días nun alpendre, “estivo mal” pero “non “podía denunciar” ao seu pai, respondeu a preguntas do seu letrado tras asegurar que el descoñecía “as condicións” nas que viviu Abel durante o tempo que estivo retido porque “nunca” accedeu á caseta.

“Eu preguntaba que ía pasar. Eu dicíalle ao meu pai que o soltase”, dixo este acusado, que comentou que todas as persoas que participaron nos feitos “estaban de acordo” e nega que estivesen ameazados, tal e como asegurou o seu tío, quen este mércores declarou que “estaba ameazado” polo seu irmán e que o seu sobriño era quen “dirixía a orquestra”

Precisamente, ao fío desta acusación, e a preguntas da Fiscalía, o mozo negou ser o organizador do secuestro e dixo que foi idea “dos dous” -en referencia a José Manuel M.P e Jesús M.P, o seu tío e o seu pai, respectivamente-. Tal é así que mesmo explicou que el soubo que estaban a pedir un “rescate” despois de reter o madeireiro de Cambre.

11 de febreiro de 2016 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.