publicidade hoxe

Localizan o corpo sen vida dun home que a súa familia buscaba en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de ReiPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O corpo sen vida dun home ao que a súa familia buscaba en Palas de Rei (Lugo) foi localizado nun regato no lugar de Lestedo, segundo informa o 112. Levaba desaparecido apenas media hora cando foi achado.

En concreto, o 112 sinala que se atopou o corpo medio mergullado na auga sobre as 17,40 horas, cando o familiar se puxo en contacto co servizo de emerxencias.

As forzas da orde e os servizos sanitarios de urxencia tratan de descubrir as circunstancias que rodearon este suceso, aínda que a familia sospeita que sufriu un afogamento.

15 de febreiro de 2016 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.